Unha unidade móbil de doazón de sangue estará esta semana en Nigrán, Gondomar e Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // A unidade móbil de doazón de sangue en Nigrán.

Unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia visitarán esta semana os tres concellos da comarca do Val Miñor. O martes 26 de xullo unha unidade estará en Nigrán, diante do Concello, de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas. O mércores día 27 haberá outra unidade móbil en Gondomar, dentro da estación de autobuses, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Finalmente, o xoves 28 de xullo poderase doar sangue nunha unidade estacionada na Avda. Jesús Valverde, na entrada ao Parador de Baiona, de 16:00 a 21:00 horas. Todas as persoas que desexen obter máis información poden chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828.