A Garda Civil incauta unha partida de zapatillas deportivas falsificadas

A Garda Civil incautouse dun total de 562 pares de zapatillas, supostamente falsificadas, nun control selectivo de vehículos no acceso ao mercado municipal de Lalín. Os feitos sucederon durante a mañá do pasado luns 18 de xullo, no transcurso dun control selectivo de vehículos, que estaban a realizar dúas patrullas pertencentes ao Posto Principal da Garda Civil de Lalín.

Nun dos vehículos inspeccionados, concretamente nunha furgoneta, a Garda Civil comprobou que transportaba no seu interior unha carga de zapatillas de recoñecidas firmas, coas súas marcas supostamente falsificadas, posteriormente e en presenza do transportista, contabilizáronse un total de 562 pares de zapatillas deportivas.

Ao comprobar os compoñentes da patrulla que o condutor do camión carecía da correspondente factura de compra, así como da preceptiva autorización das marcas rexistradas afectadas, procedeuse á súa incautación. O valor das zapatillas auténticas no mercado, podería superar os 28.000 €.

A mercadoría incautada púxose ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda en Lalín.