Sardiñas, chourizos e música en directo en Vilas

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Desde a Comisión de Festas María Auxiliadora de Vilas comunican a próxima apertura do Bar Pouso este venres día 22 de xullo a partir das 20:00 horas. Haberá sardiñas e chourizos criollos gratis e despois a actuación en directo de Ender Contreras, integrante do Combo Dominicano.