Manuel Cossío e David Pérez visitan o campus de fútbol sala de Baiona

Os adestradores estiveron este mércores con todos os grupos facendo tarefas e xogos para o desfrute e aprendizaxe dos cativos. Cossío, escollido recentemente mellor adestrador feminino da primeira división, tamén falou cos monitores do campus sobre a súa bagaxe como adestrador tanto en masculino como feminino. David pola súa parte falou sobre as súas experiencias en equipos de Madrid e Galicia e Gran Canaria. O campus xunta a máis de 80 nenos e nenas e onte fíxose a fotografía oficial coa presenza da concelleira de Deportes de Baiona.