Avelaíña ofrece un servizo gratuíto de información e asesoramento en saúde mental para os veciños de Baiona

Avelaíña ofrece un servizo gratuíto de información e asesoramento en saúde mental para os veciños de Baiona. Este servizo trata de dar resposta ás demandas da poboación en relación á Saúde Mental, mellorando así a súa calidade de vida. Trátase dun servizo que vén realizando Avelaíña de forma permanente na zona do Val Miñor, pero o cal, debido á gran demanda de atención derivada pola situación de crise sanitaria do COVID-19, veuse aumentado.

Os beneficiarios directos da atención serán cidadáns do Concello de Baiona con necesidades de información en saúde mental (persoas con problemas de saúde mental, familiares, coidadores e profesionais do ámbito sanitario, social e educativo…). As persoas poderán acceder ao servizo contactando directamente con Avelaíña ou por derivación de outros recursos (Servizos Sociais do Concello, Centro de Saúde, etc).