Parada celebra a súa Semana Cultural

O Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor organiza a súa Semana Cultural, que se celebrará entre os días 19 e 23 de xullo. O martes 19 actuará o Grupo de Gaitas do Centro Cultural “A Merced” de Chaín; o mércores 20 o Grupo de Baile Giro’s; o xoves 21 o Grupo de Gaitas Aires de Santes, o Grupo de Pandereteiras Froleada e o Grupo de Baile Froles do Galiñeiro, ademais celebrarase a Festa da Xuventude con DJ pola noite; e o venres 22 Teatro da Moura do Centro Cultural “A Merced” de Chaín representará a obra “O vestido de noiva”. O sábado 23 haberá xogos para nenos pola tarde, Festa do Sombrereiro Tolo, sesión de zumba e DJ’s pola noite. As actuacións comezarán ás 20:30 horas.