A baionesa Iria Ludeña logra o subcampionato de España de Sprint Olímpico

Esta pasada fin de semana celebrouse no Embalse de Trasona (Asturias) o LIII Campionato de España de Sprint Olímpico, acadando a baionesa Iria Ludeña a medalla de prata e por conseguinte o subcampionato de España na categoría de K4 200 m. Este campionato era nas categorías de Júnior e Sénior, sendo Iria e a súa outra compañeira Irea Alonso Cadetes, é dicir, que competiron nunha categoría superior á delas. Acompañaron ás súas compañeiras do Club Kayak Tudense Uxía Rodríguez e Ester Liñares, que si son Júnior. Lograron unha marca de 40.701.