Festas de Santiago Apóstolo en Morgadáns

A parroquia gondomareña de Morgadáns celebra as festas na honra de Santiago Apóstolo. O domingo 24 de xullo haberá un pulpeiro desde as 11:00 da mañá, acompañado por un grupo de gaitas. Pola noite, ás 23:00 horas, comezará unha festa con Omega Discomóvil e DJ Kani. O luns día 25 a programación comezará coa entrada no Torreiro de Festas da Banda de Música Unión Musical do Val Miñor. Ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Solemne na honra de Santiago Apóstolo con procesión acompañada pola mesma Banda de Música, que ofrecerá un concerto ás 21:00 horas. Ás 22:30 horas comezará a verbena, a cargo do grupo Ritmo. O Torreiro de Festas estará cuberto por unha gran carpa.