Unha liña de autobús conectará O Porriño con Praia América a partir do luns

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Praia de Panxón e Praia América.

Atendendo á solicitude do Concello do Porriño en resposta ás demandas da veciñanza O Porriño contará cunha liña de autobús que conectará o núcleo urbano con Praia América, en Nigrán. A nova liña entrará en funcionamento o vindeiro luns, 18 de xullo, con frecuencia diaria, incluíndo laborais e festivos. O horario de saída será ás 12:00 horas dende a parada de autobuses da Avda. de Galicia e a volta ás 20:00 horas dende a rotonda de Rans, en Praia América. A viaxe será directa pola autopista. O custe do servizo será de 1,55 euros por viaxe, rebaixado a 0,88 euros para quen conte coa tarxeta metropolitana.