O Concello de Baiona lembra aos propietarios de leiras que deben limpar os seus terreos

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, lembra aos propietarios de leiras que deben proceder á limpeza dos terreos co fin de previr e evitar o risco de incendios. Os propietarios deberán manter “nas mellores condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade e limpeza, sendo as distancias para respectar de 50 metros desde as edificacións libre de maleza”. En caso de incumprimento “executarase de forma subsidiaria con repercusión dos custos ás persoas responsables e coa imposición das sancións correspondentes”.

De acordo coa lexislación aplicable (Lei 3/2077 do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia) os titulares de terreos forestais deben xestionar a biomasa vexetal de acordo aos criterios estipulados nesta lei e manter unha franxa de 50 metros perimetral ao chan urbano, de núcleo rural e urbanizable, ao redor de edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais a menos de 400 metros do monte, ao redor das edificacións illadas no chan rústico.

Con carácter xeral, na mesma franxa de 50 metros, non poderá haber árbores das seguintes especies: piñeiro galego, piñeiro do país, piñeiro silvestre, piñeiro de Monterrey, piñeiro de Oregón, mimosa, acacia negra, eucalipto, queiruga, xesta, carpaza, fento, silva e toxo.