27 hectáreas afectadas polo lume en Baredo

N4027

A Consellería do Medio Rural vén de informar que cos datos recollidos ata as 08:00 horas de hoxe, o lume no concello de Baiona, parroquia de Baredo, permanece activo desde as 00:39 horas desta madrugada. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de 27 hectáreas. No seu control traballan 1 técnico, 2 axentes, 7 brigadas e 6 motobombas. Desde o departamento da Xunta apuntan que o lume foi orixinado por un raio, dadas as treboadas que houbo onte na nosa Comunidade.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

N4227
rbsh
rbsh
rbsh