Baiona arranxa o parque infantil e biosaudable do Centro Cultural de Baredo

O Concello de Baiona levou a cabo traballos de mellora na zona infantil de xogo do Centro Cultural de Baredo, un traballo de posta a punto que garante a reparación e pintado dos elementos.

Unha empresa traballou na restauración de elementos homologados, desde chans a mobiliario pasando pola pintura, nesta zona destinada a menores e tamén na zona do parque de biosaludales destinada aos maiores.

Os traballos realizados permitiron a posta a punto do chan desta zona infantil, conforme ás normas de seguridade previstas; reposición e arranxo de valado, reparación de unidades de xogos e doutros elementos para substituír a outros en mal estado.

“Este tipo de intervencións son das máis demandadas polos nosos nenos e nenas e as súas familias, a posta a punto destas instalacións foi unha das prioridades marcadas polo consisitorio baionés e que nos viñan demandando os veciños e veciñas de Baredo”, destacou o Alcalde, Carlos Gómez Prado.