XIX Festa Gastronómica “As delicias do porco” en Couso

A Asociación Novos Aires de Couso organiza o domingo 14 de agosto coa colaboración da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso e o Concello de Gondomar a XIX Festa Gastronómica “As delicias do porco”, no torreiro da festa da Virxe dos Remedios. Haberá variedades de tapas de porco, zorza, lacón, orella, chourizos, xamón asado… sen reserva. As reservas para o porco ao espeto poden realizarse ata o 10 de agosto nos teléfonos 607 447 147 e 609 903 635.

Un porco enteiro, para 20 persoas aproximadamente, terá un prezo de 350 euros, e inclúe 8 botellas de viño tinto, 4 botellas de viño branco, 4 botellas de auga, 2 empanadas, 2 roscas e pan. Medio porco, para unhas 10 persoas, custará 180 euros, incluíndo 4 botellas de viño tinto, 2 botellas de viño branco, 2 botellas de auga, 1 empanada, 1 rosca e pan. Un cuarto de porco, para 5 persoas, serán 105 euros, e inclúe 2 botellas de viño tinto, 1 botella de viño branco, 1 botella de auga, 1 empanada, 1 rosca e pan.

O evento estará amenizado pola charanga Vai de Baile y a Asociación Novos Aires de Couso.