A xogadora de fútbol sala Raquel Souza estará no campus de Baiona

A xogadora de fútbol sala Raquel Souza estará no campus de Baiona. Souza xogou no Burela, Futsi, Ourense e outros equipos logrando ligas e copas de España, de feito foi peza clave na única liga que o Ourense ten no seu palmarés. Tamén participou con Brasil nunha olimpíada nos EEUU. Coa visita de Souza o campus quere dar visibilidade ao fútbol sala feminino e os nenos e nenas poderán desfrutar xogando cunha das xogadoras máis goleadoras deste deporte.