A Coral Novos Aires de Nigrán celebra o seu XVIII Festival de Habaneras e Boleros

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // A Coral Novos Aires de Nigrán.

O Auditorio Municipal de Nigrán acolle este sábado 9 de Xullo a partir das 20:30 horas o XVIII Festival de Habaneras e Boleros da Coral Novos Aires de Nigrán despois de dous anos sen celebrarse pola pandemia. Nesta ocasión conta coa participación da Coral Polifónica Vagalume (Santa María de Oia), que cantará temas como “A tu lado”, “Ausencia”, “Veinte Años…” e da coral anfitrioa, Novos Aires de Nigrán, que interpretará, entre outras, “Peixiño de Cristal”, “Mi barco velero”, “Que murmuren”…