Nigrán inicia as súas andainas de verán cun roteiro por Monteferro

O Concello de Nigrán inicia este mércores 6 de xullo as súas andainas da programación de verán cun roteiro por Monteferro que partirá ás 20:00 horas desde a Praia da Madorra e terá unha duración de dúas horas aproximadamente, sendo a dificultade media-baixa. Este mesmo repetirase o 3 de agosto e, coma os demais que se desenvolvan, comezarán ás 20:00 horas non sendo preciso inscrición previa e sendo de balde. Os participantes deberán levar roupa e calzado axeitados, así coma unha botella de auga.

O seguinte roteiro será o do Camiño Portugués na súa variante polo litoral (13 de xullo e 1 de agosto, saída da Ponte da Ramallosa), Camiño Portugués Oficial (20 de xullo e 24 de agosto, saída da Ponte da Ramallosa) e “A praia dos Afogados” baseada no libro de Domingo Villar (27 de xullo e 31 de agosto, saída da Praia da Madorra).