A atleta baionesa Ainhoa Repáraz bate o récord de España no Campionato de Europa Sub-18

Gran actuación na tarde deste luns da atleta baionesa Ainhoa Repáraz no Campionato de Europa Sub-18, que se está disputando en Xerusalén. Ainhoa, adestrada por Óscar e pertencente á Sociedade Atlética Val Miñor, bateu o récord de España Sub-18 e o récord galego absoluto nas eliminatorias do campionato europeo cun tempo de 11.53 segundos nos 100 ml. Mañá competirá nas semifinais, e en caso de clasificarse disputará tamén a final.