Ouro para a baionesa Iria Ludeña e a tudense Irea Alonso na Travesía Internacional Ría de Foz

A baionesa Iria Ludeña e a tudense Irea Alonso lograron este sábado o ouro na LX Travesía Internacional Ría de Foz. As deportistas do Club Kaiak Tudense venceron na categoría Cadete K-2 12000, cunha marca de 01:00:37,00 e 140 puntos. Sara García e María Lata, do Club Ría de Betanzos, fixéronse coa medalla de prata, cun tempo de 01:04:51,00 e 134 puntos. Pecharon o podio Sara Abel e Alba Bueno, do Club Piragüismo Ciudad de Lugo, cunha marca de 01:05:14,00 e 128 puntos.