Marcos Vila e Mónica Incera gañan a XII Travesía a Nado Vila de Baiona

As augas da Praia da Ladeira albergaron este sábado a celebración da XII Travesía a Nado Vila de Baiona, que contou con 125 participantes repartidos nas categorías Sub-12, que deberon completar 100 metros, Sub-16, cun percorrido de 500 metros, e Adultos e Veteranos, que completaron 2.000 metros a nado con saída e meta na rampla do Porto de Santa Marta.

Un ano máis, Marcos Vila Cid foi o primeiro en cruzar a liña de meta cun tempo de 28:21. Mónica Incera Filgueira completou o percorrido en 34:47, converténdose na campioa feminina. Os primeiros baioneses en chegar á meta foron Carlos Barreiro, cun tempo de 34:29, e Sandra Santodomingo, que completou os 2 quilómetros en 52:33. Por equipos, o vencedor foi o Ponteareas Master Team.

En Sub-12, o vencedor foi Gonzalo Carrera Fandiño (1:49). Miguel Moya Campos (1:49) e Elías Yousef Moreno (1:58) foron segundo e terceiro respectivamente. Sofía Carrera Fandiño (1:48) foi a primeira en cruzar a meta, seguida de Deva Pallás Rodríguez (3:18) en segunda posición e Ainhoa Lemos Martínez (4:19) pechando o podio.

En Sub-16, Lucas Leirós Fernández (8:11) foi o primeiro en completar os 500 metros. Samuel Sánchez González (8:16) foi segundo e Pedro Rubal Cortés (11:42) terceiro. Esther Martínez Moran (8:56) foi a campioa na categoría feminina, mentres que Rocío Moya Campos (9:04) ocupou a segunda posición e Candela Rubal Cortés (9:40) a terceira.

Tamén recibiron premio especial a participante máis nova, Deva Pallás Rodríguez, de 8 anos, e o máis maior, Jose Humberto Gallidoro del Monte, de 59.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.