Festas de San Antón e o Señor en Vilaza

FOTO: PEPE COSTAS // Igrexa de Santa María de Vilaza.

A parroquia gondomareña de Vilaza celebra a próxima fin de semana as festas na honra de San Antón e o Señor.

O venres 1 de xullo a partir das 23:00 horas os grupos La Noche de O Grove e 3.com amenizarán a gran verbena.

O sábado día 2 pola tarde celebrarase unha Misa na honra de San Antón e o Señor, e a continuación, as tradicionais “poxas” a cargo de Carlos Riveiro. Pola noite, a partir das 22:00 horas, a orquestra La Ola ADN e o grupo La Banda de Ayer amenizarán a verbena.

O domingo 3 de xullo ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Solemne seguida de procesión. Ao finalizar actuará o grupo de gaitas Malas Herbas, e ás 17:00 horas terán lugar as tradicionais cucañas.