Baredo celebra as festas da Virxe da Cela

A parroquia baionesa de Baredo celebra a próxima fin de semana as festas na honra da Virxe da Cela.

O sábado 2 de xullo actuará pola mañá a charanga Vaite Xa, e pola noite, a orquestra Panamá e o trío D’Líder amenizarán a gran verbena.

O domingo día 3 ás 13:00 horas celebrarase a Misa Solemne na honra da Virxe da Cela cantada polo Coro de Belesar seguida de procesión acompañada pola Banda de Música de Baiona. Pola noite, a gran verbena correrá a cargo da orquestra Cinema e o trío Xtra.

O luns 4 de xuño ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Solemne cantada polo Coro de Baredo seguida de procesión acompañada pola Banda de Música de Candeán. Pola noite, a orquestra Capitol e o trío Azar amenizarán a gran verbena.