Ribera Povisa ofrece contrato a toda a XII Promoción do Grao de Enfermería

Ribera Povisa ofreceu contrato aos 46 alumnos da XII Promoción do Grao de Enfermería da Escola de Povisa, e que recolleron hoxe, nun acto que tivo lugar ás 17:30 horas no Auditorio Mar de Vigo, os diplomas que os acreditan como titulados universitarios en Enfermería.

A Escola de Enfermería de Povisa retoma a normalidade na celebración do acto de gradación tras as limitacións de aforo e as medidas de seguridade impostas o ano pasado pola pandemia.

Ao acto acudiu a delegada da Xunta na cidade, Marta Fernández-Tapias, que estivo acompañada polo director executivo para Europa de Centene Corporation, Alberto de Rosa, e o xerente de Ribeira Povisa, Rafael Cabadas, encargado ademais de pronunciar a conferencia maxistral. No acto, que estivo presidido polo reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, tamén estiveron, entre outras autoridades, o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada, e o director da Escola, Alfonso García.