Actos culturais na honra da Virxe da Merced en Chaín

A parroquia gondomareña de Chaín celebra esta fin de semana as festas da Virxe da Merced. O sábado 25 de xuño ás 20:30 horas terá lugar a Procesión do Encontro, acompañada polo Grupo de Gaitas do Centro Cultural “A Merced” de Chaín. Ás 22:30 horas actuará a Charanga Los Imperiales, e ás 23:30 horas, o DJ Amarok.

O domingo día 26, a Banda da Agrupación Musical de Vincios ofrecerá un concerto ás 12:30 horas. Ás 12:30 horas comezará a Misa Solemne na honra da Virxe da Merced, cantada pola Coral do Centro Cultural “A Merced” de Chaín, seguida de procesión acompañada pola mesma Banda de Música, que ofrecerá un concerto ao finalizar. A programación finalizará coa actuación da Banda de Acordeóns Metropolitana ás 20:00 horas e do grupo de pop/rock Argonat Band ás 21:00 horas.