
Este xoves, 23 de xuño, o Concello de Baiona organiza con ACEBA (Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona), unha sardiñada, unha fogueira e música en directo para celebrar a noite de San Xoán na Praia Ribeira.
A celebración comezará a partir das 19:00 horas. A velada estará amenizada con música en directo, haberá sardiñas e unha gran fogueira para que os veciños e veciñas e Baiona poidan gozar desta noite máxica.