Campamento de Verán de Bolos Celta no Val Miñor

A Federación Galega de Bolos organiza co financiamento da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia un Campamento de Verán de Bolos Celta. Desenvolverase desde xullo ata setembro de 9:00 a 15:00 horas en grupos de 10 nenos e nenas.

  • Do 1 ao 15 de xullo ou do 16 ao 31 de xullo, ou mes completo.
  • Do 1 ao 15 de agosto ou do 16 ao 31 de agosto, ou mes completo.
  • Do 1 ao 9 de setembro.

Está dirixido para nenos e nenas de 6 a 16 anos, priorizando o acceso ás familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero e doutras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou a unidades familiares nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados.

O Campamento de Verán de Bolos Celta desenvolverase no Campo de Bolos Estivada en Baiona, o Campo de Bolos de As Cercas en Gondomar e no Campo de Bolos Camos en Nigrán. Inscricións no correo boloscelta@yahoo.es ou en teléfono 629841039.