Ouro para o CPA Gondomar no Campionato Galego de patinaxe artística grupos show

Este sábado disputouse o Campionato Galego de patinaxe artística grupos show de segunda categoría en Ourense, concretamente no Pavillón de Carballiño denominado Paco Chao. Os adestramentos tiveron lugar desde as 15:00 ata as 16:30 horas. E a competición comezou ás 17:30 coa súa posterior entrega de trofeos a partir das 21:00 horas.

O CPA Gondomar subiu ao alto do podio colgando o ouro na súa categoría. As 15 patinadoras e un patinador que representaban ao grupo grande de show do Club Patinaxe Artística Gondomar, saíron a pista con forza e seguridade defendendo o seu programa denominado “El huésped”, co que levaron o primeiro premio.