Lucenza-Ateneo de Nigrán organiza unha conferencia sobre “O monacato rural feminino na Idade Media”

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // Casa da 3ª Idade.

Lucenza-Ateneo de Nigrán organiza este venres 17 de xuño, ás 20:00 horas, no Centro da Terceira Idade da Ramallosa (antiga estación do tranvía), unha conferencia sobre “O monacato rural feminino na Idade Media”, impartida por Carme Varela, autora da obra “As desterradas”, e a profesora Camiño Noia.

A conferencia céntrase nun tema de grande interese e pouco coñecido para o público, como é a vida dos mosteiros femininos existentes en Galicia durante esa época, abordándose tamén o importante conflito que enfrontou, no século XV, a moitos mosteiros galegos coa Coroa de Castela, cuxas relixiosas acabaron sendo obrigadas a abandonar os seus lugares e quedaron desposuídas das súas terras e propiedades. Un tema que se trata na obra dramática “As desterradas”, escrita por Carme Varela, e que obtivo o pasado ano o prestixioso Premio Álvaro Cunqueiro.