Alumnos do CEIP Carlos Casares de Nigrán visitan o Porto de Vigo

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, desprazouse esta mañá ás instalacións do Porto Pesqueiro de O Berbés para saudar a un grupo de escolares de entre 7 e 8 anos do colexio Carlos Casares, de Nigrán. Durante o encontro, Vázquez Almuiña explicou aos rapaces a importancia da pesca para o Porto de Vigo, referente mundial neste sector. Durante a súa visita, os alumnos tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man as instalacións e o funcionamento do Porto Pesqueiro.