Airiños da Lagoa celebra a súa XIV Foliada en Baíña

A Casa dos Veciños de Baíña acolle este sábado 18 de xuño a partir das 22:00 horas a XIV edición da tradicional Foliada organizada pola Asociación Folclórica Airiños da Lagoa. Os asistentes poderán gozar da mellor música folclórica tradicional e degustar produtos típicos da terra, como “sardiñas e pan de millo”, bocadillos de chourizo e chocolate e roscón.