
A parroquia baionesa de Baredo celebra a próxima fin de semana as festas en honra da Virxe do Carme. O venres 17 de xuño a gran verbena estará amenizada pola orquestra La Dimensión e o trío Azar.
O sábado día 18 ás 17:00 horas haberá un pasarrúas da charanga Vai de Baile. Ás 18:00 horas celebrarase unha Misa no Porto de Porrido con posterior ofrenda floral e procesión ata a Igrexa acompañada pola charanga. Pola noite, a verbena estará amenizada pola orquestra Saudade e o trío La Noche.
O domingo 19 ás 13:00 horas comezará a Misa Solemne cantada polo Coro de Belesar, seguida de procesión acompañada pola Banda de Música de Baiona. A orquestra Tango e o trío 3.com amenizarán a verbena.