Sin categoría

Manifesto Miñor denuncia un novo acto vandálico contra a Ponte das Ánimas

Manifesto Miñor denuncia que esta noite por enésima vez a Ponte das Ánimas de Gondomar sufriu un novo acto vandálico, quedando varias pedras do petril nunha situación inestable, a piques de caer ao río, e creando unha situación moi perigosa para as persoas. “Isto a maiores das diferentres vandalizacións: pintadas, plásticos, latas, lousas arrancadas, etc”, lamenta Antonio Araújo.

“Isto é moi grave, pero é máis grave aínda a desidia do goberno muncipal do Sr. Ferreira, que no mes de abril unha moción por min presentada en representacion de Manifesto Miñor, advertía disto mesmo. Como sempre, foi aprobada e metida no caixón, pois o Sr. Alclade ten por norma desprezar calquera iniciativa que non saia do seu privilexiado cráneo. A ver se agora toma en serio a Ponte das Ánimas”, conclúe Araújo.

A Ponte das Ánimas, a maiores da súa importancia histórica da que hai constancia escrita a partires do século XVII pero, que con toda seguridade polas súas características construtivas todo indica que ten a súa orixe na Idade Media, a día de hoxe segue a cumprir a súa función de obra pública con utilidade
comunicando unha parte importante da parroquia de Gondomar co centro da Vila, e dende hai uns anos co novo Centro de Saúde e o parque do mesmo nome.

Trátase xa que logo dun monumento de relevancia histórica salientable, posiblemente con máis de 1000 anos de antigüidade que segue a ter a mesma utilidade pública de cando foi construído. A maiores disto, a Ponte das Ánimas de Gondomar é un lugar que forma parte da memoria historica, lendaria e máxica de varias xeracións de gondomarenses, polo que estamos a falar tamén da perda dun importante patrimonio inmaterial que se perde.

A moción, aprobada polo pleno, propoñía rescatar o proxecto de arranxo e posta en valor da Ponte das Ánimas e da súa contorna redactado en 2017 polo Arquitecto Antonio Soliño, así como as modificacións posteriores do mesmo, e incluílo no Plan Concellos deste ano.