
A parroquia gondomareña de Vincios celebra o vindeiro luns día 13 de xuño, no atrio parroquial de Santa Lucía, as tradicionais poxas de San Antonio, a partir das 18:00 horas da tarde, e que estarán a cargo de Carlos Riveiro, coñecido por Carlos de Gondomar. Unha vez finalizada as poxas, sobre as 20:00 horas, celebrarase a procesión de San Antonio cara a ermida para celebrar a misa solemne. Durante a tarde os veciños doarán os produtos de campo, animais como pitos, galiñas, coellos, ovellas… e algunha sorpresa de última hora como pode ser un porco. Durante a tarde haberá música ambiental e cantina.