Morgadáns celebra as festas de San Antonio

A parroquia gondomareña de Morgadáns celebra o vindeiro luns día 13 de xuño as festas de San Antonio. Pola mañá, fará entrada no Torreiro de Festas a charanga Va K Pinta. Pola tarde, a partir das 18:00 horas, comezarán as tradicionais poxas de San Antonio. Ao finalizar celebrarase a Misa Solemne e a continuación actuará a charanga Va K Pinta.