Os participantes do obradoiro “Cultiva a túa Mente” visitan a exposición “Baiona Patchwork”

As persoas participantes no obradoiro de “Cultiva a túa Mente” organizado pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Baiona en colaboración con AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia) realizaron unha visita á exposición “Baiona Patchwork”, que estes días pódese visitar na Capitanía Marítima da Vila.

A exposición “Baiona Patchwork” mostra a reprodución e esta técnica de 14 pinturas do artista baionés Caíno Vasconcellos. Ana Barreiro, Ana Pacín, Ana María Vilar, Carmeli Figueirido, Diana Cedeira, María Monserrat, María Pérez, Nuria González e Sonia Blach son as veciñas que forman o “Grupo Baiona Patchwork”, unha iniciativa sen ánimo de lucro que naceu hai pouco máis dunha década da man de Li Goce, que as formou nas técnicas básicas da modalidade.

A profesora Li Goce explicou aos asistentes as diferentes técnicas e a historia do patchwork. Pola súa banda, Caíno achegouse a saudar e a agradecer a asistencia. “Baiona Patchwork” exponse en Capitanía do 1 ao 12 de xuño.