Chandebrito celebra as festas do Santísimo Cristo da Vitoria

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión do Santísimo Cristo da Vitoria en Chandebrito.

A parroquia nigranesa de Chandebrito celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra do Santísimo Cristo da Vitoria.

O sábado 11 de xuño ás 11:00 da mañá comezará un concerto da Orquestra de Acordeóns “Cataventos” do CVC de Valladares no Torreiro Vello de Festas. Ás 11:30 celebrarase a Misa Solemne na honra de San Antonio seguida de procesión. Ao finalizar darán comezo as tradicionais “poxas”, e despois volverá actuar a Orquestra de Acordeóns. Ás 22:30 horas a verbena estará amenizada polo Trío Xtra e o Grupo Alkar no Torreiro Vello.

O domingo 12 ás 11:00 da mañá a Agrupación Musical de Belesar ofrecerá un pasarrúas, para facer entrada no Torreiro Vello ás 11:30. Ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Maior na honra do Santísimo Cristo da Vitoria seguida de procesión. Ao finalizar os actos relixiosos, a Banda de Música ofrecerá un concerto. Pola tarde, ás 17:00 horas, haberá inchables, cucañas, xogos de auga e festa da escuma.