Chandebrito acolle o I Torneo Os Pulmóns Futsal

Os do Bar, a Comunidade de Montes en Man Común de Chandebrito e o Concello de Nigrán organizan o I Torneo Os Pulmóns Futsal, que se celebrará os días 8, 9 e 10 de xullo. As inscricións, limitadas a un máximo de 16 equipos, estarán abertas ata o 25 de xuño e poderán formalizarse no Bar D’Arriba en Chandebrito. A cota de inscrición é de 100 euros por equipo.

Unha vez formalizada a inscrición non se admitirá ningún cambio de xogadores na formación dos equipos. Os grupos formaranse por sorteo. Os horarios de xogo e resultado do sorteo, publicarase o 2 de xullo no canal de Telegram do torneo e se comunicará por email aos delegados de cada equipo.

A competición desenvolverase en dúas fases: fase de grupos e fase de eliminatorias. Clasificaranse para cuartos de final os dous primeiros de cada grupo. Os partidos durarán 20 minutos cada parte sen parar o tempo. Os partidos a partir de semifinais serán de 25 minutos cada parte, e se hai empate resolverase co lanzamento de tres penaltis.

Os premios serán de 500 euros + trofeo para o primeiro clasificado, 250 euros + trofeo para o segundo clasificado e de 100 euros + trofeo para o terceiro clasificado. Tamén haberá trofeo para o xogador máximo goleador, para o equipo menos goleado e trofeo á deportividade. Máis información no teléfono 673421839.