Os equipos do CB Baiona campión masculino e subcampión feminino en categoría infantil

O equipo masculino enfrontouse a Basketgal Obradoiro, gañando os dous encontros da final, por 44-55 na ida e por 44-21 na volta xogada o pasado domingo no Pavillón Municipal de Baiona. O feminino non puido vencer ao Colexio Mariano, pero fixo un gran traballo en ambos os dous encontros, 49-25 na ida e 38-55 na volta, tamén o pasado domingo en Baiona.

“Parabéns a todos os xogadores/as do CB Baiona pola súa gran tempada, conseguindo ademais este bonito final. Dar as grazas tamén a toda a xente que puido vir apoiar ás nosas mozas e mozos o domingo, facendo un cheo absoluto no Pavillón Municipal de Baiona e creando un gran ambiente”, destacan desde o club.

Este venres, 10 de xuño, haberá unha nova Xornada de “Basket na Rúa” ás 17:00 horas no Parque da Palma para todos os nenos e nenas entre 7 e 12 anos.