Fallados os premios do I Concurso de Escultura Monumento en Pedra de Gondomar

O xurado técnico do I Concurso de Escultura Monumento en Pedra convocado polo Concello de Gondomar emitiu o seu veredicto. Estivo presidido polo arquitecto municipal, Jose Antonio Álvarez, e conformado por expertos nos campos da arquitectura, das artes ou da cantería. Juan Carlos Román, Profesor de Arte na Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Manuel Portolés, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia; Silverio Rivas, Escultor; Eduardo Berea, Arquitecto; Antonio Soliño, Arquitecto e membro do Instituto de Estudos Miñoráns; Manuel Coia, Profesor da Esocola de Canteiros da Deputación de Pontevedra; e Manuel Soliño, do Concello de Gondomar.

O xurado, que tivo que avaliar un total de seis obras escultóricas presentadas, decidiu otorgar o segundo premio a “Pedra Moura”, cun Accesit de 2.000 euros, e o terceiro a “O Guerreiro do Galiñeiro”, cun Accesit de 1.000 euros, ambos coincidentes co voto popular. O primeiro premio quedou deserto.

Pola súa banda o alcalde destacou que este certame “serviu para promocionar e dar a coñecer unha tradición, a da cantería, con tanto arraigo en Gondomar”. Ademais o rexedor municipal quixo “felicitar tanto aos gañadores como a todos os participantes polo seu esforzo e anímaos a participar nas próximas edicións dun certame que “aspira a converterse nunha referencia e unha plataforma para a promoción de novos talentos”.