A baionesa Gabriela Bouzada logra o ouro en salto de lonxitude no Campionato Xunta de Galicia

As pistas do Estadio lucense Gregorio Pérez Rivera acolleron este domingo o Campionato Xunta de Galicia máis numeroso e concorrido da axenda galega, o Sub10-12-14 en Pista ao Aire Libre, con máis de medio milleiro de participantes.

A baionesa Gabriela Bouzada Senra proclamouse campioa en salto de lonxitude cunha marca de 3.99.A deportista da Sociedade Atlética Val Miñor tamén participou na proba de 60 metros, na que finalizou en segunda posición na súa serie e no posto número 10 da xeral. En substitucións 4×60, xunto coas súas compañeiras Belén Silva Díaz, Xiana Denis Iglesias e Carlota Pages Pedrosa, terminou en 8ª posición.