O Turonia GFG organiza dous campus de verán en Gondomar e Nigrán

Desde o Turonia GFG seguen a traballar e lanzan este ano dous campus de verán para a rapazada do Val Miñor e contorna. Levaranos a cabo nos concellos de Gondomar e de Nigrán, dentro do proxecto común galego das Gaélico Escolas. Unha boa oportunidade para que os cativos do Val Miñor coñezan este deporte.