Aprázanse ata nova data as representacións teatrais previstas para mañá sábado 4 de xuño ás 19:00 horas no Multiusos Mercado de Sabarís de “Teatro Vicerversa”. As alumnas da actividade de Teatro da Asociación Castro e Ladeira ían presentar o seu traballo de fin de curso, coa representación de tres obras curtas, unha delas de autoría propia, “Revistas Novas”, “Con nocturnidade” e “A Ventá Indiscreta”. A actividade queda aprazada ata nova data aínda por determinar.
Aprazadas as representacións teatrais previstas para este sábado no Multiusos de Sabarís

