Sin categoría

Volve o festival “La Recta”, a homenaxe á época dourada da movida baionesa

A Alameda Carabela Pinta acollerá o vindeiro venres, 3 de xuño, ás 13:30 horas, a presentación do festival “La Recta”. Carlos Segarra, voz de Los Rebeldes, é a estrela do pop rock dos 80 que poñerá ritmo á presentación, na que se desvelará o cartel do festival que terá lugar o vindeiro sábado 11 de xuño.

Carlos Segarra (Barcelona, 1961) é un dos pioneiros do rock’n’roll español. Rocker acérrimo desde o destete, fundou Los Rebeldes ao empezar a gatear case, en 1979. O que empezou como grupo de rockabilly purista converteuse nun mísil de éxitos para todos os públicos.

Desde o Concello de Baiona anímase aos veciños para acudir á presentación e desfrutar dun pequeno aperitivo do que será o festival coa actuación de Segarra, un home-guitarra ambulante, á vella usanza: sempre aferrado ao seu chapeu cowboy, tanto levanta unha festa como encabeza un festival de nostalxia ochenteira, como o é o de “La Recta” de Baiona.