Nigrán reúne na Praia de Patos a preto de cen persoas no seu I Encontro de Ioga

O Concello de Nigrán reuniu onte na Praia de Patos a preto de cen persoas no seu I Encontro de Ioga aberto ao público e a cargo do gran mestre internacional Madhana, pioneiro nesta disciplina en España, o introdutor en Galicia e fundador e director do Centro Sananda en Vigo. O célebre yogui, acompañado dalgúns dos mellores profesores do país, dirixiu unha demostración e posterior clase iniciática gratuíta aberta á cidadanía.

Esta actividade tivo lugar sobre a propia area da praia de 17:30 a 19:00 horas e encadrouse no marco da convivencia sobre Ioga e Meditación que mantiveron no Centro de Tempo Libre de Patos desde o venres ao domingo un total de 50 persoas vidas de toda España e baixo a dirección do Centro Sananda cos mellores profesores do país. “Era unha magnífica oportunidade para o Concello organizar esta xornada aproveitando a presenza dos mellores mestres de Ioga nun enclave tan espectacular como é Patos, a combinación resultou marabillosa e expoñeremos máis ao longo do ano», explica o alcalde, Juan González, quen tamén participou na actividade.