Primeira charla in-situ para aprender a usar os parques biosaudables en Nigrán

O Concello de Nigrán acolle o martes 31 de maio (se a climatoloxía o permite) a súa primeira charla explicativa sobre o correcto uso dos parques biosaudabes, dirixida a toda aquela persoa interesada en practicar exercicio ben. Esta terá lugar ás 11:00 horas na instalación ao carón do Pavillón Municipal de Panxón e a seguinte será o 7 de xuño ás 11:00 en Prado (Prado-Estrada pola Vía).

O Concello de Nigrán, xunto ao de Baiona e Gondomar, participa nun proxecto pioneiro de fomento do uso correcto dos parques biosaudables, idea que foi desenvolvida desde a Unidade de Fisioterapia de Atención Primaria do Centro de Saúde do Val Miñor. O obxectivo é mellorar o nivel de saúde da comunidade, fomentando o exercicio físico de forma segura (na web http://www.nigran.es pódense descargar folletos explicativos).