As rapazas do Turonia Gondomar xogan a fase final do Campionato Ibérico de fútbol gaélico

Esta fin de semana as rapazas do Turonia Gondomar FG (en amalgama coas do Independiente FG de Vigo) irán poñer o nome de Gondomar no máis alto do Fútbol Gaélico da Península Ibérica. Xogando a fase final do Campionato Ibérico da GAA (Gaelic Athletic Association) que se desenvolverá en Valencia este 28 de Maio. “Pase o que pase alí non podemos estar xa máis orgullosos”, sinalan desde o club gondomareño.