Couso celebra as festas da Virxe dos Remedios

A parroquia gondomareña de Couso celebra esta fin de semana as grandes festas na honra da Virxe dos Remedios. O sábado 28 de maio ás 12:00 do mediodía comezará unha Misa na honra de San Isidro, e pola noite, o grupo América e o trío X’Tra amenizarán a verbena. O domingo día 29 ás 11:00 horas celebrarase a Misa na honra da Virxe dos Remedios seguida de procesión acompañada polo Grupo de Gaitas Novos Aires de Couso. A partir das 17:00 horas terán lugar as típicas “poxas”.