O Multiusos de Sabarís acolle a exposición de esculturas “Espazos fóra de Espazo”

O Multiusos Mercado de Sabarís continúa coas exposicións coa mostra de esculturas “Espazos fóra de Espazo” de Liliya Pobornikoba e Nando Álvarez. As persoas interesadas poderán visitar a exposición ata o próximo 15 de xuño en horario de luns a venres de 17:00 a 21:00 horas, os sábados de 11:00 a 21:00 horas e os domingos e luns de 11:00 a 14:30 horas.

Organizadas pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona, o Multiusos Mercado de Sabarís dá continuidade ás exposicións durante os próximos meses. Este espazo singular encherase de arte para que os veciños e veciñas poidan gozar desta expresión artística. Tamén co obxectivo de dinamizar a vida da localidade e contribuír á reactivación económica.