O Cineclub Val Miñor Alice Guy ofrece este xoves “París, distrito 13”

O Concello de Nigrán e o Cineclub Val Miñor-Alice Guy ofrecen este xoves 26 de maio ás 20:30 horas no Auditorio Municipal a proxección da película “París, distrito 13” de Jacques Audiard, en versión orixinal subtitulada en castelán. Émilie coñece a Camille, que séntese atraído por Nora, que, á súa vez, crúzase no camiño de Amber. Tres mozas e un rapaz. Son amigos, ás veces amantes e, a miúdo, as dúas cousas. Coma sempre contarán coa presenza do profesor Alfonso Castaño Hernández para a presentación e o posterior coloquio ao remate da proxección.