Os participantes do obradoiro “Cultiva a túa Mente” visitaron a fragata rusa Shtandart

As persoas participantes no curso do programa de Estimulación Terapeútica e do obradoiro de “Cultiva a túa Mente” organizados pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Baiona en colaboración con AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia) realizaron unha visita á fragata rusa Shtandart. O Shtandart, unha réplica da fragata do século XVIII do tsar ruso Pedro I o Grande, estivo fondeada no porto deportivo de Baiona e os baioneses e baionesas participantes no curso gozaron dunha bonita xornada descubrindo o interior da embarcación.