O barrio de Vilas, na parroquia gondomareña de Morgadáns, celebra a próxima fin de semana as festas na honra de Mª Auxiliadora. O venres 27 de maio celebrarase a Festa da Xuventude con Omega Discomóvil e DJ Kani. Haberá servizo de bocadillos, hamburguesas e perritos a cargo de Bocatería Lalos. O sábado día 28 ás 21:00 horas haberá unha gran tirada de fogos de artificio, e a partir das 22:00 horas, a orquestra Los Players e o grupo La Banda de Ayer amenizarán a gran verbena. O domingo 29 ás 11:00 da mañá haberá un pulpeiro, e ás 12:30 do mediodía celebrarase a Misa Solemne cantada pola Coral Polifónica Santa Eulalia de Donas seguida de procesión acompañada pola banda de música Unión Musical do Val Miñor, que ofrecerá un concerto ao finalizar. Ás 13:30 horas terán lugar as tradicionais “poxas” a cargo de Carlos Riveiro. Pola tarde, a programación prevista finalizará con outro concerto da banda Unión Musical do Val Miñor. O Torreiro estará cuberto cunha gran carpa.
Vilas celebra as festas na honra de Mª Auxiliadora

